 Pinta é un sinxelo editor de imaxe multiplataforma, ideal para usuarios primerizos ou con poucos ou ningún coñecemento nestas tarefas. Tal como informan no site oficial do proxecto, esta aplicación está inspirada en Paint.NET e ofrece unha alternativa sinxela ao editor gráfico GIMP. Obviamente, Pinta 0.1 atópase en desenvolvemento pero xa ofrece ferramentas habituais neste tipo de aplicacións como engadir texto, cortar porcións, ampliar ou reducir a imaxe, desfacer cambios, combinar capas, aplicar efectos, etc. No site oficial ofrécense descargas preparadas para Ubuntu e openSUSE, ademais do .zip.
|
|
|
|
|
Chega a Galica a campaña de fomento do uso do DNIe |
|  O Ministerio de Industria iniciou unha campaña informativa co obxectivo de que cidadáns e empresas coñezan máis de preto os usos e vantaxes do documento nacional de identidade electrónico (DNIe), que principalmente serve para facilitar a realización de trámites coas Administracións Públicas evitando desprazamentos, colas e limitacións de horario.
|
|
 A próxima edición de HTML está pensada para dar soporte ás últimas tecnoloxías e usos de Internet, como a reprodución de vídeo e audio, a geolocalización de usuarios e servizos e o manexo de paquetes de instrucións para modificar plataformas e desenvolver outras novas. HTML5, a quinta versión desta linguaxe utilizada para a creación de páxinas web, non só será unha evolución da versión HTML4, senón que tamén substituirá e aglutinará outras linguaxes xurdidas ao redor da versión orixinal, como DOM2, XML e XHTML.
|
|
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>
|
|
Páxina 1 de 39 |