Os principais axentes sociais do noso país e a Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, veñen de acordar, na Mesa 2 de Diálogo Social celebrada recentemente, o desenvolvemento de 28 liñas de actuación en materia de novas tecnoloxías para avanzar na implantación efectiva das TIC na nosa comunidade.
Así o explicou esta mañá a responsable deste departamento autonómico, Mar Pereira, quen, acompañada do director xeral de Avaliación e Reforma Administrativa, Jaime Bouzada, achegou as claves do devandito acordo.
|
|
|
A empresa galega Sdweb, ubicada en Santiago de Compostela, que nos últimos anos estivo traballando a reo na implantación de Alfresco como sistema de xestión documental e intranet corporativa, ven de localizar ao galego o devandito xestor documental na súa versión 3.2 r2, unha ferramenta desenvolvida en software libre que a día de hoxe é unha das aplicacións máis potentes do mercado competindo con outros xestores documentais propietarios como Documentum ou Share Point.
|
|
O inútil Parlamento Europeo decidiu apuntarse á moda do novo dispositivo de Apple e os políticos poderán gozar do iPad unha vez chegue a Europa o próximo 28 de maio, iso si, previo pago de 4,3 millóns de libras (5 millóns de euros) sacados dos nosos impostos.
Esta operación enmárcase nun proxecto de mobilidade da oficina administrativa do organismo europeo, que prevé ofrecer un iPad a cada un dos seus deputados "736 en total", debido á necesidade de "estar moito máis conectados", segundo o Estafes. O prezo individual do iPad podería superar as 500 libras (590 euros) cada un.
|
|
O anuncio de onte de Google respecto da liberación do códec VP8 e a creación do consorcio WebM para o apoio a este estándar e a un formato de vídeo aberto para Internet expuxo algunhas dúbidas, como as da posición de Microsoft respecto diso.
A empresa de Redmond non foi nomeada entre os principais colaboradores e socios dunha iniciativa que xa ten nas súas filas a Firefox e Opera, pero Microsoft quixo evitar posibles dúbidas para afirmar que si que disporán de soporte para o códec.
Así o afirmou Dean Hachamovitch, director da división Internet Explorer, que explicou que ?No seu soporte a HTML5, Internet Explorer 9 soportará a reprodución de vídeos H.264 e tamén de VP8 se o usuario ten instalado un códec VP8 en Windows?. Así pois, se temos o códec instalado, IE9 non terá problema en reproducir eses contidos. |
|
A secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira, maila directora xeral de Formación e Colocación, Ana Díaz, foron as encargadas de inaugurar, esta mesma mañá, o I Foro Galego Cloud Computing que se celebra hoxe no Centro de Novas Tecnoloxías da Consellería de Traballo e Benestar.
O evento, no que participan máis de duascentas persoas provintes do sector das novas tecnoloxías e a comunicación, ten como obxectivo analizar os diferentes puntos de vista e novidades sobre a virtualización e a computación en nube, co fin de establecer un diálogo neste sentido entre Goberno, Administracións públicas, tecido empresarial, líderes de opinión e fabricantes de software e hardware.
|
|
O sitio web do Ministerio da Vivenda albergou unha vulnerabilidade a través da cal pódense acceder datos de quen solicitaron a "renda básica á emancipación", o que podería dar lugar a roubo de datos persoais e a unha violación da Lei Orgánica de Protección de Datos.
O erro estaba nun portal do Ministerio dedicada ao seguimento das solicitudes da "renda básica á emancipación", un sitio web que é comunmente coñecido polos traballadores do centro como o portal "que hai do meu".
|
|
A axencia española de protección de datos (APD) abriu expediente de investigación a Google pola toma de datos co seu coches de street wiew.
No comunicado difundido esta mañá pola organización, instala ao buscador a que bloquee os datos recolleitos.
A reacción da APD chega días despois de que Alemaña esixa o borrado dos datos recollidos por Street View nese país, xa que a ferramenta non se limitaba a fotografar o que vía, senón que tamén ía recollendo os datos de navegación das redes wifi que se atopaba á o seu paso. Tras o recoñecemento de Google desa cuestión e a promesa de eliminación de datos canto antes, o goberno alemán esixiu ver antes o material captado.
|
|
Un estudo da Electronic Frontier Foundation (EFF) revelou que a inmensa maioría dos navegadores actuais deixan unha especie de firma dixital que permite crear pegadas identificables para rexistrar a nosa actividade cando navegamos por Internet.
|
|
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>
|